Ética para amador de Savater

 savater.jpg

Hoxe Inés nos recomenda un libro diferente ós que se viñeron recomendando anteriormente. Un libro que non só é literatura senón que é tamén, e en gran medida, filosofía. Ese saber que nos é tan esencial para a nosa existencia:

O libro que vou recomendar é o de «Ética para Amador» do filósofo Fernando Savater. É un libro que algúns profesores de ética recomendan ler á xente xove, pero eu penso que o debería ler tamén a xente que non é tan xove .

sin-titulo-escaneado-01.jpg

Paréceme un libro que recolle moitas leccións da vida que ás veces olvidamos. Creo que dá bos consellos para «saber facer» nesta vida tan complexa e sorprendente.
É un pouco como a conciencia da sociedade.

É un libro de rápida lectura. Realmente pareceme que recolle verdades aplastantes e sabios consellos. Animádevos a lelo e xa me diredes se tiña ou non razón.

Estou segura que estaredes de acordo, sobre todo vós que coma mín aínda sodes soñadores.

Recomendación de Inés Pérez.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os comentarios están pechados.

Olark Livehelp