—GALICIA DO NORTE - PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO———————–
A nova iniciativa de "Ao carón da lareira" é conseguir recolectar firmas suficientes para que a parte do norte de galicia (a diócese de Mondoñedo e outros concellos colindantes) sexa declarada Patrimonio Cultural Europeo.
Iso significaría que toda a cultura (tanto a material como a intanxible) sería declarada patrimonio polo que gozaría de protección e axudas para o seu desenvolvemento.
Cremos que a zona do norte de Galicia é suficientemente rica en historia e en cultura como para ser patrimonio.
Temos todas as construccións relixiosas, as contruccións celtas e as máis contemporaneas. Tamén temos un mundo rural moi rico pero en decadencia, un conxunto de artistas moi diversos e comprometidos coa cultura. E tantas outras cousas que poderíamos enumerar.
Para que esta iniciative chegue a mans do goberno necesitamos a colaboración dos concellos e da xente para recolectar máis de 3000 firmas.
Cremos que tanto a concellería da xunta como o ministerio estarán abertos a esta proposta.
Aquí presentamos o formulario que poderán solicitar todos aqueles que queiran e que lles será enviado por correo electrónico ou postal:
Poden solicitalo en: aocarondalareira at hotmail.com
Ao Señor Presidente do Goberno, Don José Luís Rodríguez Zapatero
Ao Señor Ministro de Cultura, Don César Antonio Molina
Ao Señor Presidente da Xunta, Don Emilio Pérez Touriño
Á Señora Conselleira de Cultura, Dona Ánxela Bugallo
(Con traslado de copias aos Concellos de Ferrol e Mondoñedo e á Curia da Diocese de Mondoñedo-Ferrol)
Os abaixo asinantes solicitan que desde as Administracións Públicas se dean os pasos necesarios para que o Patrimonio Material e Inmaterial da Galicia do Norte, da que se extende desde a desembocadura do Eume e do Xuvia ata a do Eo (a súa literatura, a súa paisaxe, as súas tradicións e os seus monumentos todos, xa sexan de papel e de tinta, de bronce ou de pedra…), se declaren Patrimonio Cultural Europeo.
Nome Sinatura DNI
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Esta é a instancia que lle enviamos a todos os concellos da Galiza do norte, un total de 46 concellos... agora estamos a esperar a sua resposta e participación.
INSTANCIA
Excmo. Concello, alcalde e concelleiros:
Escribímoslles esta instancia formal dende o movemento “Ao carón da lareira” para solicitar a súa colaboración no proxecto de petición da Declaración de Patrimonio Cultural Europeo para a zona norte de Galicia.
Esta idea xurdíu a partir dunha iniciativa de “Ao carón da lareira” e con ela se pretende levar a cabo unha campaña de recollida de firmas para solicitar en Europa (pasando antes os trámites da xunta e do ministerio español) a Declaración de Patrimonio Cultural para a zona norte de Galicia que abarcaría dende a desembocadura do Eume ata a do Eo incluíndo os concellos do centro que pertencen á diócese de Mondoñedo debido ás súas ligacións co bloque norte.
Esta declaración suporía que todo o patrimonio material (paisaxe, arquitectura, monumentos…) e inmaterial (historia, cultura, formas de vida e de traballo, obras artísticas…) formase un conxunto de importancia e atractivo cultural e turístico. Ademáis, feita a declaración, a zona afectada tería protección e axuda de Europa e das institucións pertinentes.
Dende o movemento cremos que é esencial que os concellos interesados tomen partido e axuden na recollida de firmas comezando polas dos cargos públicos. Se isto fose así esta iniciativa podería chegar a bon porto xa que necesitamos cando menos 3000 firmas, e sen axuda non poderíamos conseguilas. Polo momento contamos co apollo de numerosos artistas, universitarios e periodistas así como o apoio do concello de Ferrol e Mondoñedo e de outras asociacións.
Enviámoslles xunto coa instancia o documento orixinal no que se recollerán as firmas, deben desculpar por enviárlles un só, pero as nosas infraestructuras non dan máis. Agradeceríamoslles moito que se tomasen a molestia de fotocopialo e facer o posible para acadar o maior número posible de firmas.
A campaña de recollida remata o día 25 de Novembro. Antes de esa data nos pracería moito que nos reenviasen todos os papeis con firmas á dirección:
Fernando Puente Gómez
Calle Greco 14-16 1º C
15570 Narón/ A Coruña
Xaime Pereira Maroto
Rúa do Lousido 38º baixo
15620 Mugardos/ A Coruña
Moi agradecidos pola súa atención: Xaime Pereira e Fernando Puente (coordinadores do movemento cultural “Ao carón da lareira”)
Poden pedir máis información no correo: aocarondalareira at hotmail.com
chúzame -