——-I XORNADA CULTURAL-LITERARIA MINDONIENSE—-

O día 2 de agosto deste ano que corre (o 2007) celebrouse en Mondoñedo a "I Xornada Cultural-Literaria" que organizou o movemento "Ao carón da lareira" coa colaboración de Biblos, o Concello de Ferrol e Toxos e Froles.

A ela asistiron diversas figuras do ámbito da literatura, do periodismo e tamén da universidade.

torre-frente.jpg

A Xornada, como estaba previsto, comezou en Cospeito, na torre de Caldaloba onde ademáis de admirar a súa arquitectura e comentar a súa historia léronse varios poemas. Neste lugar xa se uniron á xornada varios escritores e varios membros do Obradoiro Literario de Fene.

O primeiro poema leuno o poeta Xosé Vázquez Pintor. Un poema adicado a Cunqueiro que recitou apoiado na pedra da torre que lle comunicaba certa enerxía.

dscf1958.JPG

Máis tarde leuse un soneto de Marica Campo adicado á torre (aínda que o quería ler ela mesma non lle foi posible xa que non poido asistir) e logo un poema de Fernando Puente adicado tamén á torre de Caldaloba.
Por último, e para pechar este primer acto léronse uns párrafos do libro "As galeras de normandía" de Ramón Loureiro no que se describía o espírito da torre.

O segundo acto do día celebrouse xa en Mondoñedo, no cemiterio fronte á tumba de Cunqueiro. A ela asistiu o alcalde e mais o primer tenente aínda que se abstiveron de dicir algunhas palabras e deixaron paso ós escritores que foron recitando, un a un á vez que depositaban o seu poema na tumba, en recordo de Cunqueiro (a quen foi adicada en especial esta Xornada).

dscf1967.JPG

Recitaron de novo o poeta Vázquez Pintor, o crítico literario Xosé Manuel Eyré, Carmen Canto e Manuel Lourenzo. Tamén Fernando Puente leu o poema de Cunqueiro elixido para representar esta Xornada.
Por último depositáronse, como é típico, unhas flores.

Chegadas a unha do mediodía dirixírronse á catedral de Mondoñedo onde visitaron a esposición en honor ós 1100 anos de San Rosendo e para rematar a visita a este edificio foron guiados ó longo da catedral polo teólogo Segundo Pérez López quen lles explicou con todo detalle a arquitectura e a historia daquela catedral.

dscf1973.JPG

Logo dirixíronse a comer ó comedor do Seminario.

Ás catro da tarde sairon do Seminario despois de longo tempo de parada e tertulia e dirixíronse ó barrio dos muiños. Pasearon por este barrio e pola "pequena Venecia" e visitaron os talleres de artesanía de barro, zocas e títeres. En cada un deles poideron desfrutar de ver en vivo o proceso de elavoración de cada especialidade. Neste tramo ademáis se lles uníu a escritora Laura Caveiro.

Chegadas xa as seis, cando a Xornada xa ía máis que mediada foron ata o museo do Mago Merlín e firmaron no seu libro de ouro dos escritores.

dscf2018.JPG

Despois de sacar varias fotos con Merlín e de que este os agasallase cunhas postais e unha bendición dirixíronse de novo ó seminario onde se celebrarían as conferencias máis destacadas da Xornada.

Alí se uniron á Xornada Elia Rico, Uxío García Amor, Ramón Loureiro (quen tiña a cargo unha das conferencias), Tucho Calvo (director da editorial Biblos e presentador das conferencias), Assumpta Roura (escritora e invitada de honor na mesa de conferencias), Carlos Reigosa (periodista e columnista na Voz de Galicia) e Félix Villares (outro dos conferenciantes que falaría dos poetas do seminario xa que é un dos máis documentados no tema e que ten editado un libro que fala sobre eles titulado "Un alprende de sombra e de Luar"

dscf2019.JPG

dscf2021.JPG

Ó rematar as conferencias algúns dos participantes na Xornada visitaron, por último a pastelería de Val de Brea onde se continuou a tertulia para rematar a Xornada.

Chuzame! chúzame -