——-MEDOS ROMERO E “O POZO DA FERIDA”————-

Con Medos Romero un sempre leva unha grata sorpresa; e digo grata porque por un lado a súa obra nunca me defrauda e por outro lado tudo o que escribe, o que contén, o que trasmite, está moi preto da miña sensivilidade. Eu son un gran Admirador non só de Medos senon tamén do seu traballo e do seu talento e talante.

Os participantes de "ao carón da lareira" tamén teñen unha agarimosa e fonda cercanía a Medos e ao seu traballo como poeta, nestes tempos nos que custa tanto escribir sobre un mesmo, e tamén sobre certos sentimentos; incluso diría eu que sobre sentimentos que nos inspiran persoas, situacións e moitas e diversas noticias. Unha sociedade que vai encamiñada a ser cada vez máis fría e desapegada é ben certo que non sempre acolle con adamiración certos traballos, mais por iso nin teñen menos valor , nin calidade e por suposto menos capacidade de remover as entrañas a quen nos gustan traballos así.

Medos ten e seguirá tendo moitos letores que sinten, vibran, soñan, viaxan, rin ou choran lendo a súa obra poética (máis ben choran). Ela é unha muller que pensou máis de unha vez que xa non ten máis que decir, máis que escribir , máis que aportar ou trasmitir ao seu público, e por tanto á vida dos seus lectores. Eu creo que erra, tanto así que estou por feitizala para que nunca poida deixar de escribir e publicar obras coma a que comentamos agora: "O pozo da ferida". E tamén erra por que a idiosincrasia da vida por si mesma mostraralle que si non é nun intre será noutro que terá que darlle renda solta ao que leva dentro e darllo a coñecer a quen tan ben sabe valoralo, os seus incondicionais lectores, eses lectores que medran, evolucionan e viven con ela en cada libro (ou nova esperenza), unha nova ilusión de ter máis sentimentos e mais saber nas súas mans, que ao fin e ó cabo é o que é a escritura de Medos

Eu digo Medos, sempre Medos...

No seu libro " O pozo da ferida" ( premio Miguel González Garcés - 2006) eu non sei ben que me pasa pero son pozo, son ferida, e son lector máis sobre todo son conciencia do que acontece dentro de min, fóra no mundo do que tan ben sabe falar Medos, e que tan amargo é moitas, moitísimas veces...

Acariñante mentres
enmudeces.
Coutan de ti coma si de unha
alimaña se tratase.
Cosen o teu berro, aí
sí, onde máis doe.

agora tremes, tan só tremes.

Despoís de ler este poema coma non ser concenz o ser apasionadamente defensor da xustiza que está por vir, por conquistar, hoxe unha xustiza que non acata as verdadeiras necesidades das mulleres.

Ou cando leo:

Aquilo marcouna por sempre:
Puta, sempre serás unha puta.

Desde entón ela xa non desixou
nunca de buscalo sempre
en homes vilentos coma el.

Deixame mú, nú, e co corno revirado contra a xestión da sociedeade que está permitir que ainda podan existir mulleres que non sinten outras alternativas a homes que xa non deberian existir na vida real.

Meyor o deixo eiquí para que cando leas o libro de Medos podas sentir con toda a tua profundidade " O pozo da ferida".

o-pozo-da-ferida-medos-romero.jpg

Chuzame! chúzame -