–PACO SOUTO E O RECITAL DE “AS HORAS DE MARIA”—-

O día 8 de Xuño do 2007 coincidindo co recital de Poesía e a publicación da revista "Voces da casa nº4" dos membros do obradoiro de Eduardo Estévez en Fene, na casa da cultura, fixose o recital de Paco Souto baseado no seu derradeiro libro "As horas de María", X premio de poesía Johán Carballeira.

O recital cargado de unha tremenda emoción dada pola potente interpretación de Paco Souto, fíxose acompañado da música do Pianista Serxio Moreira, que favorecía  a ambientación dos sentimentos.

Un dos poemas de maior dramatismo é emotividade foi "Carta última", polo seu contido claramente vinculado a galiza profunda nos tempos da guerra civil, e pola mensaxe da protagonista "María"  escribindo a o seu home nas trincheiras:

"Querido Manuel

dous puntos

mándoche esta

para que saibas que estamos ben...

... E a ti

como che vai a guerra?

tápate!"

 

 

 

 

 

Chuzame! chúzame -