——–RAMON LOUREIRO E “A OCA DE LEONARDO”——-
"Con esta cita comeza o libro"
Ateneo Ferrolán, 20 horas, luns 20 de novembro do 2006, Ramón Loureiro e un grupo de amiga/os do obradoiro literario de Fene, xunto con algúns membros do grupo Avalon,(hoxe ao caron da lareira), ademais de algunhas persoas amantes da literatura e dos libros reunense para a presentación da "Oca de Leonardo", o derradeiro libro de Ramón Loureiro, ilustrado por o coñecido Xaquín Marín e editado pola Editorial Biblos.
"A oca de Leonardo" é un libro cunha cuidada presentación, encadernado en tapas duras, cun formato artesanal e cun papel de augas o que lle confire unha imaxe que xa non estamos acostumados a ver, nin tampouco a ter entre as mans un libro destas caracteristicas. Coma se retrocedésemos no tempo e nos encontrásemos nunha biblioteca do Renacemento tendo entre as mans un caderno de Leonardo da Vinci.
O libro trata dunha viaxe apasionante do Vizconde de Chateaubriand a bordo do inxenioso invento de Leonardo: a oca voadora.
A viaxe desenvólvese dende Terra Santa ata Mondoñedo. Nela sobrevoa as piramides e o Nilo en Exipto, a Igrexa de Santa María da Saúde en Venecia, o Monte de San Miguel entre a Armórica e Normandía, o Castelo de San Felipe na ría de Ferrol ata chegar finalmente a Mondoñedo o Día das Sanlucas, ás once e media da mañá pola hora vella...
Ramón Loureiro neste libro xunto con Xaquín Marín fai un percorrido, a través dos debuxos, por unha serie de personaxes históricos, do ámbito político, relixioso e cultural da terra galega.

chúzame -


