—RAMON LOUREIRO E “A SAGA DE SAN FERREOL”——-
Ramón Loureiro publica "A saga de San Ferreol", un pequeno gran libro ilustrado por Francisco Pérez Porto, editado por Biblos e que conta coa colaboración do Concello de Ferrol.
O libro ven introducido por unha partitura composta polo ex-concelleiro de cultura Xosé María Couce Fraguela na que se dá música ao texto presente no libro. É moi apropiada xa que o texto posúe unha gran musicalidade o que lle dá unha gran fluidez á hora de lelo.
No libro cóntase a chegada de San Ferreol xunto ó Bispo Mailoc a bordo dun barco Bretón.
Cando chega á comarca de Ferrol comeza a amosar as súas habilidades de santo: amansa ós lobos e espanta un dragón. Máis tarde o santo premoniza que esa comarca na que desembarcou, Ferrol, será a Cidade das Luces, na que haberá unha chea de músicos, poetas e pintores.
Por último dá unha gran importancia aos nenos, que son a promesa, e o espello no que podemos mirar o futuro.
Os coordinadores de ao carón da lareira nos sentimos moi pretos de Ramón e a sua obra, polo que cando se nos permitiu orgañizar tanto a exposición das laminas das ilustracións do libro de Pérez Porto, coma contar coa charla-coloquio e firma de libros de Ramón no Atenéo Ferrolán nos sentimos orgullosos da colaboración a amizade mutua. Tamén pudimos orgañizar o mesmo acto no local social de Sillobre. Ambos actos foron todo un éxito de asistencia e recoñecimento da obra dos autores.

chúzame -

