—XAIME PEREIRA ACCESIT NO X CERTAME FRANCISCO AÑON DE POESIA————–

Unha vez maís o Concello de Outes convoca o o xa asentado e recoñecido certamen poetico Francisco Añon. Nesta ocasión, no X certame de poesía, año 2006, chegou ao final e gañou o accesit na categoria B ( nenos/as de 11 a 14 anos) Xaime Pereira Maroto, sendo publicada a sua obra " Palabras de Cristal " polo Concellode Outes  en Maio do 2007.

" Un son pausado e limpo

vai pasando por mares e camiños,

ninguen di nada,

só se deixan levar polas sensacións

que o son inspira.

Non se sabe de onde ven

nin a onde vai,

pero non importa.

co tempo xa non queda rastro del,

só queda o recordo na xente."

A título mais persoal eu penso que con tempo de Xaime recordarase todo, falarase de todo, e se terá en conta todo da sua vida; e, ¿por qué?moi sinxelo,  por que e unha de esas raras aves do paraiso, que naceu cheo de  beleza interior e un talento fora do común,  polo que sei que e certo que  co tempo recollerá moitos frutos e moitos éxitos.

"...Creei un mundo de solpores e amenceres

sobre bosques cheos de paxaros

que ás veces me compoñen cancións

para terme contento.

Tamén fixen outros mundos,

un de árbores solitarias,

outro no que habitan só persoas,

un de bruxas e fieticeiros

eoutro de maxia, segredos e palabras,

algunhas agochadas debaixo dalgunha pedra..."

Xaime Pereira, non soio é o meu amigo, tamén é o privilexio de ter a carón de un alguén ca alegría de ser un protexido do ceo... por algo será...

" Quen pensaría qu eos estou a mirar

quen pode pensar

que en calquer momento

o están mirando,

sen saber por que..."

Eisi e Xaime un observador silencioso do que acontece ao seu redor, sempre a procura da reflexión e a sabíduria interior; precisando do seu propio espacio vital, que é mais que iso, e tamén o espacio onde se crean e nutren os mellorespensamentos, as mellores creacións, inspiradas polas musas e protexidas polos anxos...

"... co unico fin de deleitarse

nun momento... de tedio?*"

Yolanda  Castaño no epílogo do libro di que "un camiño segue a unha primeira pegada, e só despóis deste é que a de vir unha segunda, á segunda sucederá unha terceira, e así sucesiva, marabillosamente".

 Non queda mais que dir, ou si?

*  Os versos orixinais de Xaime, que pechan a sua obra premiada, din: "co único fin de deleitarse / nun momento de tedio". A interrogación e a negrita son un xogo meu cos seus versos, e co seu humor tan particular, que conste.

F.P.

x-certame-francisco-anon-de-poesiaportada.jpg

dscf1503.jpg

Chuzame! chúzame -