——-XIANA ARIAS E “ORTIGAS”———————-

Xiana Arias Rego gañou o XIX Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé coa sua obra inédita "Ortigas".
Conta coa colaboracíon do concello de Fene e do Circulo Mercantil de Fene.
O premio consiste na publicación da obra pola editorial Espiral Maior, nunha edición de 800 exemplares.
O xurado estivo composto por: María do Cebreiro, Mario Regueira e Medos Romero.

Cando se fixo a presentación da edición do libro Xiana Arias recitou algúns dos seus poemas acompañada pola música da guitarra de Leo (amigo cercano de Xiana e tamén poeta de peculiares formas de recitar e presentar a sua obra).

Os poemas de Xiana Arias destacan por ser rupturistas e enormemente vangardistas.

De especial Impacto foi o seu poema:

"Sentada na porta da casa cun coxín na barriga,
cara de poucos amigos e
así se pasou maio.
Cumpríndolle os antollos.
O médico díxolle que tina un embarazo psicolóxico.
Aos nove meses pariu un cartón de tabaco."

Chuzame! chúzame -