—YOLANDA CASTAÑO——–
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela 1977) unha das voces mas recoñecidas da poesía galega. A súa obra poética figura, entre outras, nas antologias “Daquelas que cantan…” “Rosalía na palabra de once poetas galegas”, “Para saír do século”, ”Nova proposta poética”, “mulhera facer vento”, “Río de son e vento”, “D´efecto”, “Milenio, ultimísima poesía española”, “Vivimos no ciclo das Erofanías”, ”Elevar as pálpebras”, “Delicia”… Unha das suas últimas obras e “Edénica” (recopila os seus tres derradeiros libros de poesía, é algún poemiña mais) con cd incluído no que canta a mesma poeta de maneira maxistral , a sua forza, interpretación e voz é total, mostrando un gran talento maís dos que ten ; os temas foron musicados, arranxados, grabados e producidos por José Antonio Fernández Calero (Factoría musical SSM).
Neste intre acaba de publicar o libro “Punver”, para nenos, ilustrado por Eduardo Hermida. Moitos dos que pertenecemos ao movemento cultural "ao carón da lareira" vivimos con ela unha experiencia inesquencible ao formar parte dun taller de escritura impartido por ela na Fundación Caixa Galicia de Ferrol, e ademais ao final fixemos un pequeno recital no que deunos palabras de ánimo e alento.
chúzame -
